As novas producións de MarÃa R. Soares, Marcia Vázquez, Pura y Fachada, Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld, Natalia Fernandes, Janet Novás, Hermanas Gestring e Fernando Epelde contarán co apoio do programa Residencias ParaÃso. O colectivo RPM daba a coñecer este 5 de abril a listaxe de proxectos que fan parte desta iniciativa en 2022 e que contarán con apoios económicos de entre 1.800 e 3.000 euros, ademais de contar coas instalacións de diferentes espazos do paÃs para se desenvolver durante un tempo de entre dúas e tres semanas.
Segundo explica a organización o programa comeza coa residencia combinada do Centro Coreográfico Galego e o Teatro RosalÃa de Castro en A Coruña, no que a portuguesa MarÃa R. Soares abordará o espectáculo Void Void Void, "unha tentativa de crear unha paisaxe cósmica onde son, espazo e xesto se dilúen nunha soa materia". Vaivén, da bailarina galega Marcia Vázquez residirá entre a Cidade da Cultura e o Salón Teatro en Santiago de Compostela. "Esta investigación achégase á fÃsica cuántica para comprender dunha maneira máis honesta os movementos ondulatorios do corpo facendo dialogar a ciencia, a danza e o son e conta co acompañamento da artista transmedia Acacia Ojea", explica RPM. Seguirana, no mesmo espazo, o colectivo Pura y Fachada, formado pola galega Eva Antelo e a andaluza Sara Gema DomÃnguez co seu proxecto ser, estar, parecer: atributos del verbo artÃstico, no que desenvolverán "múltiples accións perfomativas, públicas e espontáneas, a cabalo entre a cotidianiedade, a democratización do arte e a hibridación arte-vida".
Federico Vladimir e o madrileño Pablo Lilienfeld traballarán na Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia Mónica, "unha autobiografÃa especulativa no que o xogo tórnase ferramenta para re-imaxinarse, expandindo o relato coñecido ao tempo que a xenealoxÃa desborda cara o futuro". O Pazo da Cultura de Carballo, xa en agosto, acollerá a brasileira Natalia Fernandes e o seu ¿Podemos hablar de Caetano? no que "a artista propón unha creación a cabalo entre un álbum de música, unha conversa e unha coreografÃa, apoiándose no universo poético do cantante Caetano Veloso".
Proto de Janet Novás levará ao Pazo da Cultura de Narón unha investigación no "traballo do corpo dende a súa relación co son, a iluminación, os obxectos e o propio movemento" nunha peza colectiva. En Ferrol, o Centro Torrente Ballester as andaluzas Hermanas Gestring desenvolverán Hacer Amor, "unha sorte de musical escénico que coloca o Amor –con maiúsculas– no centro; unha oda ao afecto como o verdadeiro motor da súa práctica". Fernando Epelde fechará este programa no Vello Cárcere de Lugo co proxecto La balada de Clippy, "unha odisea épica a través do editor de texto, investigando as posibilidades dramáticas e escénicas desta ferramenta de ofimática e os significado do concepto de “texto teatral” na época do posdrama, nun formato a cabalo entre a conferencia performativa e o concerto".
A comisión de selección contou con Nuria Sotelo, Marta Valverde, Iara Solano e mais Caterina Varela e Rut BalbÃs en representación do Colectivo RPM. No marco desta iniciativa, o vindeiro mes de setembro celebrarase un encontro das compañÃas participantes na Illa de San Simón os vindeiros 23, 24 e 25 de setembro de 2022.