Os artistas de Galicia Antón Yanguas; Suevia Rojo; Bal Castro; Isolda Comesaña e Rocío Bello xunto aos creadores estatais Javier Hernando; Euyín Eugene; Isabel do Diego; Natalia Fernandes e Marta Azparren asinan os oito proxectos coreográficos (seis deles individuais) seleccionados para a novena edición das Residencias Paraíso. Este programa de residencias artísticas impulsado dende Colectivo RPM que conta co apoio da apoio da Xunta de Galicia e de varios concellos repartirá unha dotación total de 20.000 euros estre os proxectos selecionados, que recibiran un apoio de entre 1.500 e 3.000 euros para levar a cabo a súa residencia.
O programa comeza na Casa da Cultura de Vimianzo coa residencia do creador galego Antón Yanguas que estará traballando no proxecto de investigación titulado 'Open Call' . Neste proxecto, Antón aborda o mundo das convocatorias artísticas e a exposición contínua da figura do bailarín. A continuación, será a quenda da primeira das dúas residencias combinadas entre a Cidade da Cultura e o Salon Teatro / CDG en Santiago de Compostela que acollerá o proxecto Tuerce do creador transmasculino residente en Madrid Euyín Eugene. No centro desta investigación está a disforia de xénero e a necesidade de diálogo a través das prácticas artísticas de creadores trans e persoas non binarias. Ademais, a artista andaluza Isabel do Diego será a segunda artista residente entre a Cidade da Cultura e o Salon Teatro / CDG co seu proxecto Brutalismo. Un concerto-escénico no que a artista reflexiona sobre o folclore do século XXI, a electrónica, a sonoridade, a musicalidade e o corpo que sae a escena.
Xa no marco da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, desenvolverase unha residencia na Igrexa da Madalena coas artistas estatais Natalia Fernandes & Marta Azparren para o seu proxecto 'Cerrados y Dormidos los Ojos Bailan'. Unha conferencia performativa que fai dialogar a Anatomía Inventada de Natalia e o Cine Ciego de Marta, propoñendo a creación do corpo imposible da non-bailarina a partir dunha imaxe mental colectiva. A artista galega Suevia Rojo será unha das artistas residentes en O Vello Cárcere de Lugo co seu proxecto Incorpórea. Nesta investigación, Suevia quere afondar nos conceptos de introspección e autorecoñecemento, procurando dar forma a materia invisíbel do corpo e a súa vulnerabilidade. Asemade, O Vello Cárcere de Lugo e o Pazo de Cultura de Narón, acollerán o proceso de creación Ensayo da creadora galega Rocío Bello e do creador estatal Javier Hernando. Neste proxecto, os artistas preparan unha conferencia performativa sobre a cancelación de futuro e a problemática sobre a vivenda a partir dunha serie de xestos invisibles e humildes que nos permitan pensar o presente e imaxinar o futuro.
O creador galego Bal Castro mergullarase no seu proceso de creación titulado 'Instinto desexo' no Pazo da Cultura de Carballo. Un proxecto no que Bal aborda temas arredor do afecto, a hipersexualización e a mercantilización do corpo. E para rematar, inauguramos o novo espazo colaborador da Casa da Cultura de Corcubión con Sagrado Corazón da creadora galega Isolda Comesaña que prepara unha investigación escénica arredor do desexo, a divindade, o privilexio e a vinganza. Baixo unha perspectiva feminista, este proxecto cuestiona a construción da identidade europea no imaxinario medieval.