Cultura anuncia a achega de novos fondos para as bibliotecas e un programa de formación para os profesionais do sector

Bibliotecas hoxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Día das Bibliotecas que se celebra hoxe deu para que o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, anuncie as novas que desde a Consellaría queren abordar neste ámbito. Deste xeito, Bará comprometeuse a incrementar a dotación de fondos a través do acordo ao que se chegou co Ministerio. A estas obras sumarase a distribución daqueloutras que a Xunta ten almacenadas desde hai anos. Ademais, crearase un mapa de bibliotecas e porase en marcha un programa de formación para os profesionais que traballan nestes centros.

Máis información no web da Consellaría e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Luís Bará, Culturagalega

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos