As actividades de animación á lectura con teatro, monicreques, obradoiros e maxia foron as máis demandadas ao longo deste ano no marco do programa Letras Vivas. O director xeral de Creación e Difusión Cultural, LuÃs Bará, presentaba esta fin de semana no Cultur.gal o balance desta proposta de fomento da lectura. Bará sinalou a intención do seu departamento de ampliar esta iniciativa, e anunciou que para o vindeiro ano 25 bibliotecas nodais e comarcais participarán no mesmo desenvolvendo meses monográficos centrados en autores concretos das nosas letras. De cara á vindeira edición de Letras Vivas as actividades tamén se estenderán a librarÃas, ademais de bibliotecas ou centros de ensino.