BD en Letras Vivas

Jacobo Fernández, Santy Gutiérrez, Pinto e Gochi propoñen actividades

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Varios autores galegos de BD acaban de se sumar á nova edición do programa Letras Vivas da Consellaría de Cultura. A iniciativa pretende favorecer o desenvolvemento de actividades de animación á lectura en bibliotecas, asociacións ou centros de ensino entre outros espazos. Para isto, está dispoñible na rede un catálogo no que os profesionais e estudosos de diferentes ámbitos poden propór actividades. Así, no campo da BD atopamos obradoiros de creación de distinta lonxitude a cargo de Jacobo Fernández, Santy Gutiérrez, David Pintor Pinto, David Prieto Gochi ou Marisa Irimia. Tamén se poden solicitar conferencias e encontros cos lectores a cargo de Fernández ou Gochi, mentres que Gutiérrez e Pinto tamén propoñen actividades relacionadas co humor gráfico.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gochi, Jacobo Fernández, Santy Gutiérrez, Humor...