As Semanas do Libro e da Lectura, a campaña de Animación a lectura en Compostela, as Xornadas de Pontevedra, a mostra Historieta galega e mais o Proxecto-Edición ofertan diferentes obradoiros de Banda Deseñada ao longo desta primavera. Por unha banda, as dez localidades que contarán co programa das Semanas do Libro e da Lectura que organiza a ConsellarÃa de Cultura terán obradoiros de BD a cargo de autores coma Kiko da Silva e José Tomás para escolares de primaria e secundaria. Máis localizados, en Compostela a VIII Campaña de Animación á Lectura que organiza Kalandraka e mais o Concello achegará formación para escolares neste campo a cargo de David Pintor “Pinto”. Non podemos esquecer tampouco que nas Xornadas de Pontevedra hai programados dous destes actos, tamén para escolares, que imparten Norberto e Jacobo Fernández. Ao tempo, nas actividades da mostra “A historieta galega”, están a se impartir tamén obradoiros. AÃnda que finalmente se suspendeu o ciclo de Clases Maxistrais, unha serie de conferencias permitirá coñecer, dos profesores previstos, diferentes aspectos da creación da BD. Finalmente, no marco do Proxecto-Edición, que comeza hoxe, o colectivo portugués A Mula impartirá o sábado un obradoiro sobre autoedición. Como se pode ver, unha oferta múltiple e variada.