A xa tradicional Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Santiago e mais a editorial Kalandraka inclúe entre as actividades da súa sexta edición obradoiros de banda deseñada. Será Kiko da Silva o encargado de impartir estas actividades, destinadas a centros de ensino da comarca compostelá. Logo dos primeiros, que se celebraron o tres de abril, haberá novas edicións destes eventos, a razón de tres por dÃa o cinco, seis, vinte e vinte e sete de abril. Desde a editorial xa anunciaron que pretenden incluÃr os obradoiros de banda deseñada de xeito habitual dentro das actividades de animación que desenvolven en todo o paÃs.
Máis información en compostelacultura.org