O festival En Pé de Pedra chega a unha nova edición en Compostela malia ao feche da Sala Galán

A pedra segue en pé

1/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Por primeira vez logo do feche da Sala Galán, que o organizaba, o festival de danza en Pé de Pedra volta este verán ás rúas compostelás. Será entre o vinte e tres e o vinte e cinco de xuño dentro das actividades que programa a concellaría de Cultura de Santiago para este verán. Serán tres xornadas nas que diferentes profesionais da danza a nivel internacional actuarán nas rúas da cidade. A undécima edición deste evento achegará á cidade nomes coma Dominik Borucki ou Claudia Cardona, que abrirán a edición.

Máis información en Compostelacultura.org, e no El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Sala Galán, El Correo Gallego

Claves

Conceptos