Matarile Teatro presenta unha nova edición do festival de danza “En Pé de Pedra”

Danza para paseantes

23/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“En pé de pedra” non é un festival que programa espectáculos e danza, senón que concibe o baile para establecer unha relación diferente entre o público e a escena. Por iso, todas as súas actuacións se desenvolven ao aire libre (coa excepción do Salón Teatro e da Sala Galán) en espazos con grande significación. A compañiá Matarile Teatro acaba de presentar o programa da duodécima edición que contará con 23 representacións, das que sete serán estreas e que terá lugar do 22 ao 24 de xuño en Santiago.

Máis información sobre o festival no seu web e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Matarile Teatro, Sala Galán...