As actividades das Semanas do Libro e da Lectura que organiza a Xunta comprenden obradoiros de BD

Obradoiros desde a Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O 1 de abril comezaba en Carballo a I Semana do Libro e da Lectura. Este evento que organizan a Consellaría de Cultura, Galix e mais a Asociación Socio-Pedagóxica Galega quere servir para desenvolver actividades de animación á lectura en diferentes concellos do noso país. Dentro dos actos que se inclúen baixo este epígrafe hai unha serie de obradoiros de banda deseñada destinados a centros de ensino. Logo da de Carballo, onde foi Manel Cráneo quen achegou a BD aos alumnos de primeiro de ESO, o evento desenvolverase en Viveiro (23 a 29 de abril), Pontedeume (7 a 13 de maio) e mais Ribadavia (21 a 27 de maio). En Viveiro será o claustro de San Francisco o que acolla as actividades, e o obradoiro para nenos de 3º de educación primaria e primeiro de ESO correrá por conta de Anxo Fariña. En Pontedeume encargarase deste labor Kiko da Silva e en Ribadavia aínda está por fechar o programa. Segundo sinalan deste a AS-PG, tamén se falará sobre as posibilidades da banda deseñada dentro das actividades de formación de profesores para animar á lectura.

Máis información no web da Xunta e en lerenabril.org

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, ESO, Banda deseñada, Ribadavia...