Os circuítos de Cultura desenvolveron 2.546 actividades en 2008

A Consellaría achegou tres millóns de euros a estas inciativas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Foron 2.456 actividades entre artes escénicas, concertos e maxia. As redes que ten en marcha a Consellaría de Cultura, Teatros e Auditorios, Música ao Vivo, Titirimaxia e Salas contaron con máis de tres millóns de euros do departamento para desenvolver iniciativas por todo o país. O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, resumía esta mañá no Parlamento o traballo neste campo. Ademais das propostas xa comentadas, Bará lembrou as 2.158 proxeccións audiovisuais que se desenvolvero no marco de Cinemas Dixitais e as 345 actividades literarias que se integraron no programa Letras Vivas.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Bará, Artes Escénicas, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)