Roberto Varela informa no Parlamento que Agadic destinará 2.4 millóns ás tres redes

Implicará a realización de 1.500 funcións por toda Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: AGADIC
Compartir:

As redes culturais que mantén a Agadic (Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede galega de Música ao Vivo e a Rede Galega de Salas) terán neste 2011 un orzamento de 2.4 millóns de euros para programar as súas actividades. Así o fixo saber o conselleiro, Roberto Varela, no marco dunha comparecencia parlamentaria. Isto suporá a realización de 1.500 funcións repartidas en 85 espazos diferentes. Ademais, lembrou que a Axencia que preside, acaba de introducir mecanismos correctores nos regulamentos das redes que abrirá a programación a outras disciplinas artísticas e non so a artes escénicas, e servirá para chegar aos concellos menos numerosos.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Artes Escénicas, Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas...