A Axencia Galega das Industrias Culturais facÃa pública a pasada semana o resumo de actividade das súas redes durante 2017. En total foron 1815 funcións as que chegaron ao público galego nas diferentes programacións que coordina a entidade. Os circuÃtos de maior actividade durante o ano foron os catro destinados á circulación de espectáculos, con 1.224 citas. Asà a Rede Galega de Teatros e Auditorios programou 539 funcións a de Música ao Vivo tivo 196 citas e a de Salas concentrou 118 actuacións. Pola súa banda, Cultura no Camiño, programa promovido con Turismo de Galicia, contou con 371 funcións. A estas, a axencia engade a actividade do Centro Galego de Artes da Imaxe, que desenvolveu 284 sesións na súa sede da Coruña ás que se suman 51 máis en colaboración con cineclubs de Ourense, Lugo e Vigo.