Luís Bará anuncia no Parlamento a futura convocatoria de bolsas de creación para banda deseñada

BD no Parlamento

En resposta a unha pregunta do deputado do BNG Xosé Ramón Paz Antón, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará comparecía esta mañá na Comisión de Cultura do Parlamento. Bará apuntou o “alto nivel de desenvolvemento da creación artística” que se dá actualmente nesta arte e recoñeceu a importancia fundamental do traballo que desenvolveron en solitario os propios creadores para chegar a esta situación. Para alén, explicou as liñas que se están a desenvolver de cara á difusión da BD desde a Mesa da Banda Deseñada.

Segue a ler a nova aquí




Nese sentido, Bará anunciou para 2008 a creación de tres bolsas de apoio á creación de banda deseñada, dotada cada unha delas con 6.000 euros. O apoio aos festivais galegos e a divulgación da novena arte en bibliotecas e centros de ensino foron outras das medidas anunciadas, ás que se suma o apoio á edición mediante a compra de exemplares do material que se publica en Galicia para a súa distribución nestes centros.
A nivel internacional lembrou a vindeira asistencia ao festival de Angoulême cun posto propio para a novena arte galega e mais a presenza da nosa BD de xeito diferenciado dentro das distintas feiras internacionais do libro coma a da Habana ou a de Frankfurt. O debate contou tamén unha ampla introdución na que Paz Antón resumiu brevemente a historia da BD galega e incidiu no bo momento que viven os creadores do país.

Máis sobre a política de BD da Xunta no noso tema