O IGAEM reforza o seu orzamento e lanza unha campaña de actividades para equiparar a danza coas outras disciplinas

A bailar!

O Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, anunciou a próxima convocatoria para a contratación de 20 bailaríns e dous coreógrafos para cubrir as necesidades de produción deste ano do Ballet do IGAEM. Foi a resposta a unha pregunta parlamentaria do grupo socialista sobre a situación do ballet logo da disolución do Rey de Viana. Bará apuntou que se pretende para a danza o mesmo estatus que teñen o teatro e a música e anunciou unha serie de medidas. Entre elas figuran axudas á produción de espectáculos e a distribución dos mesmos fóra de Galicia. Paralelamente incrementarase o orzamento do ciclo “Danza na Rede” da Rede Galega de Teatros e Auditorio ata chegar a 250.000 euros (un 34% máis que en anteriores edicións). Polo demais, o IGAEM contempla que o novo ballet preste atención tanto á danza contemporánea como á tradicional e conte con liñas de traballo permanentes e outras temporais, igual que fai o Centro Dramático Galego.

Máis información a disolución nesta nova e sobre ese ballet nos nosos arquivos. Sobre o anuncio en Galicia Hoxe