O ballet de Teresa Nieto abre en Compostela a mostra “Danza na rede”

Enredados na danza

19/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Rede Galega de Teatros e Auditorios non só fomenta o teatro, senón tamén a danza. Dentro desta iniciativa comeza hoxe unha nova edición dunha mostra que exhibirá os traballos de catro compañías (Teresa Nieto, Losdedae, Ballet Actuel e Ballet Studio) no Salón Teatro de Compostela. A programación concluirá esta fin de semana cando se conmemore o Día Internacional da Danza (aínda que a efeméride se celebra o día 29 de abril) que concentrará a alumnos procedentes de 23 escolas de danza galegas.

Máis información sobre a mostra e sobre os actos do día internacional da danza no web do IGAEM

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, IGAEM, Escolas...