A compañía “B Studio” inaugura no Salón Teatro a Mostra de Danza na Rede

Unha rede de danza

14/5/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Este ano o IGAEM amosaba entre as súas preferencias divulgar a danza. Por ese motivo, non podía faltar á cita a mostra “Danza na rede”. Con catro edicións o evento convértese nunha oportunidade de ver espectáculos de compañías de fóra e comparar o nivel co de aquí. O Salón Teatro exhibe desde mañá e ata o sábado 24 o baile dos madrileñosAracaladanza (16 ás 19:30); os cataláns It. Dansa (22 ás 21:00) e Cía. Mar Gomez (23 ás 21.00) e os coruñeses Nova Galega de Danza (24 ás 21:00). Os encargados de abrir o evento son os composteláns B Studio mañá ás 21:00.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Salón Teatro, Nova Galega de Danza...