O IGAEM programa dentro do Xacobeo un programa de danza que chegará a oito localidades

Unha rede de danza

Ao igual que fixo co teatro, o IGAEM creou o ano pasado unha rede de danza. Trátase de aproveitar a quinta edición da mostra para achegar as montaxes a oito localidades que forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios: Santiago, Narón Carballo, A Coruña, Vilagarcía, Ribadeo, Tui e Ourense. En total haberá 36 funcións a cargo de 11 compañías de danza, das que cinco son galegas. O primeiro paso chegará en Santiago, onde cinco compañías exhibirán as propostas coreográficas entre o Salón Teatro e a Praza da Quintada desde esta noite até o vindeiro sábado.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e IGAEM