Os bailaríns do ballet Rey de Viana finalizan o seu contrato pendentes da nova proposta da Xunta sobre danza

Último ensaio

30/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Ballet Galego Rey de Viana tiña onte o seu último ensaio como compañía dependente do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais. Os trinta e oito bailaríns da formación finalizaban onte o seu contrato e despedíanse pendentes de cal vai ser o seu futuro. Segundo lles asegurou a Consellería é posible que haxa sitio para moitos deles no novo programa de danza que quere organizar a Xunta. Polo momento non hai novas sobre esta nova liña nin sobre o posible futuro do ballet co apoio doutras institucións.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Ensaio, Artes Escénicas, Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais...