A Consellaría xustifica no excesivo custo do Ballet Rey de Viana a decisión de prescindir na formación

Os custos de danzar

1/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A polémica sobre a eliminación do Ballet Rey de Viana da estrutura do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais continúa con novos datos. Segundo publica hoxe “La Voz de Galicia”, esta formación tiña un custe anual de 1,8 millóns de euros, sen contar dietas ou gastos correntes. Ademais, a Consellaría de Cultura asegura que só realizou, entre abril e outubro de 2005, vinte actuacións. Este departamento sinala ademais que o único cliente neste tempo foi a propia institución e Ánxela Bugallo cualificou o grupo como “unha compañía privada financiada publicamente” que tiña unha dimensión económica “moi grande para os seus resultados”.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Ánxela Bugallo, Artes Escénicas, Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais...