Continuar a prestar atención á revisión do baile tradicional e a apertura dunha liña de traballo centrada na danza contemporánea son os novos plans da Consellaría de Cultura para o Instituto de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). Logo de rescindir o contrato de Victoria Canedo, directora do Ballet Rey de Viana, Cultura anunciará a vindeira semana o nome do novo responsable desta sección. Neste sentido, apúntanse coma referente da nova liña compañías independentes coma Nova Galega de Danza ou Druída.
Máis información en Galicia Hoxe en La Voz de Galicia sobre as propostas da Xunta, entrevista a Victoria Canedo; La Opinión; máis información nos nosos arquivos