Victoria Canedo cede ao Museo das Mariñas material do ballet Rey de Viana

Unha sala para o Rey

11/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Un convenio entre a viúva de José María Rey de Viana, Victoria Canedo, e o Concello de Betanzos permitirá manter vivo o legado da desaparecida compañía de danza do mesmo nome. O Museo das Mariñas dedicará unha sala ao ballet que foi o principal escaparate da danza galega durante cincuenta anos. Placas conmemorativas, fotografías, libros, e traxes empregados durante as actuacións son algúns dos obxectos históricos que permitirán lembrar a esta formación desaparecida en 2005.

Máis información en La Opinión e sobre o "Rey de Viana" na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo das Mariñas, Danza, Concello de Betanzos, La Opinión...