Do ballet ao teatro. O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) vén de presentar dous volumes sobre estas áreas. O primeiro presentouno o mércores e é o exemplar “Historia en imaxes” que recompila a traxectoria do ballet Galego Rey de Viana que dirixe Victoria Canedo. O segundo deuno a coñecer onte e trátase do “Catálogo de dramaturgos galegos. 1973-2004”. É un libro elaborado polo Centro de Documentación do IGAEM, que recompila información sobre trescentos autores que traballaron nesas datas na dramaturxia. Este catálogo poderase consultar en internet, xa que está en papel e en soporte dixital.
Máis información no web do IGAEM sobre Rey de Viana e sobre o Catálogo de dramaturgos