A revista especializada en Artes Escénicas, Artez, premia o labor editorial do Centro de Documentación do Igaem

“Zapatilla” editorial

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Centro de Documentación do Igaem leva anos traballando na promoción editorial. Baixo o seu selo editan, actualizan e difunden en internet o Catálogo de publicacións do Igaem; agora mesmo están a traballar no primeiro Catálogo de Autores Dramáticos Galegos; convoca anualmente o Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres, a promoción do libro teatral galego a través do Salón do Libro Teatral e a coedición, coa sala Yago, da revista Bululú. E toda esa actividade que dirixe Mar Nogueira acaba de ser premiada cun dos premios "Zapatilla" que concede anualmente a Revista das Artes Escénicas, Artez.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Artes Escénicas, Teatro, Internet...