O Igaem traballa na creación dun catálogo de autores teatrais

De Dramaturgos e doutras historias

17/8/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Todos aqueles autores que publicaron ou escribiron a súa primeira obra teatral en galego desde 1973, aparecerán no "Catalogo de dramaturgos galegos". Trátase dun proxecto dirixido polo Igaem que, impreso e en CD-DVD, sairá á luz en breve. E o Igaem tamén é noticia porque acaba de adxudicar 75.600 euros entre as salas Galán (24.000 euros), Nasa e Iago (25.800 euros a estas dúas) para que manteñan a súa actividade como salas estábeis de teatro, danza e exhibición escénica. Agora, as tres salas beneficiarias teñen que subscribir un convenio no que se comprometen a realizar o programa presentado.

Máis información sobre o catálogo de dramaturgos no web do IGAEM e sobre as axudas a salas alternativas en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Danza, DVD, Teatro...

Claves

Conceptos