As salas alternativas Nasa e Galán recorren a convocatoria de axudas do IGAEM ás salas privadas

Recorrer e concorrer

10/6/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Sala Nasa e Galán, dúas das tres salas de teatro estables que existen en Galicia acaban de anunciar que concorrerán a convocatorias de axudas do IGAEM (feitas públicas o 4 de xuño). Unhas axudas que eles fomentaron e presionaron para que existisen e que este ano mudaron substancialmente as súas bases e os baremos de tal xeito que ambos espacios poidan acadar axudas económicas que son imprescindibles para seguir mantendo a súa actividade. E de teatro falará a o último número da revista “Setepalcos” que organiza a Asociación Portuguesa para o Intercambio Teatral (Cena Lusófona). A publicación ten unha tiraxe de 2.000 exemplares e distribúese en Galiica e nos países de lingua portuguesa.

Máis información sobre as axudas en La Voz de Galicia e en El Progreso

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con NASA, IGAEM, Teatro, El Progreso...