A Nasa e Galán preséntanse como Asociación de Teatros Alternativos (ATEA) e piden axudas para “Alternativa 2004”

Preparando a alternativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Representantes da Sala Nasa e da Galán convocaron onte unha rolda de prensa para presentar a V edición do festival “Alternativa 2004”. Un evento que se celebrará do 4 febreiro ao 3 de abril do ano que vén e que pretende desenvolver 35 representacións de 13 compañías españolas. E o evento ten un orzamento de 70.000 euros dos que só hai comprometidos 12.000, polo que aproveitaron para solicitar axudas ás institucións públicas e privadas agora que están a preparar o Xacobeo 2004. A sala Nasa e a Galán fixeron este chamamento como membros da acabada de crear Asociación de Teatros Alternativos de Galicia (ATEA).

Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Nasa, Xacobeo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia