O IGAEM outorga 673.000 euros en axudas a vinte e cinco compañías profesionais galegas

Axudas ao pano

1/8/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Vinte e cinco compañías profesionais galegas serán as beneficiarias dos 673.000 euros que o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais achega en concepto de axudas á produción e distribución de espectáculos para a temporada 2005-2006. Desta cantidade, un 68% destinarase a apoiar a estrea de vinte novas obras. O Consello Reitor do IGAEM aprobou tamén unha partida de 84.510 euros para apoiar salas privadas de exhibición de teatro e danza. A Sala Galán, a NASA e o Teatro Yago, en Compostela, e o Teatro Ensalle. en Vigo, son os espazos que se beneficiarán destas axudas.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, IGAEM, Artes Escénicas, Danza...