Cinco salas reparten as axudas da AGADIC a espazos escénicos

Ensalle, Andamio, Ártika, Gurugú e Ingrávida son as beneficiadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Os 70.000 euros que distribúe a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) en axudas a salas privadas de exhibición escénica xa teñen destinatarios. Os beneficiados da última conovocatoria desta liña foron Teatro Ensalle de Vigo (con 22.561,17 euros), Teatro del Andamio da Coruña, (18.812,69), Sala Teatro Ártika de Vigo (16.683,84), Sala Gurugú da Coruña (6.069,37) e Ingrávida, do Porriño, con 5.872,93 euros. Segundo destaca o anuncio da resolución, o obxectivo destas axudas é "fomentar a estabilidade e a consolidación en Galicia das salas de artes escénicas de titularidade privada que desenvolven programacións artísticas de carácter profesional". A respecto do pasado ano, manteñen apoio os mesmos espazos, agás a sala Teatro Estepario, que este ano cede o posto a Ingrávida.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Vigo, Artes Escénicas, Teatro del Andamio...