Cinco espazos distribúen as axudas da AGADIC a salas privadas

Ensalle, Teatro del Andamio, Ártika, Teatro Estepario e Gurugú reparten os 70.000 euros desta liña

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Vigo e A Coruña concentran as axudas a espazos de exhibición escénica de titularidade privada que daba a coñecer onte a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Ensalle, Teatro del Andamio, Gurugú e as recentes Ártika e Teatro Estepario son os cinco espazos que reparten os 70.000 euros desta liña. En concerto a viguesa Teatro Ensalle e á máis beneficiada, xa que recibirá 22.446 euros. Séguena, tamén en Vigo, Ártika (14.686) e Teatro Estepario, que leva 7.581. Na Coruña Teatro del Andamio obtivo 19.798 euros, e Gurugú, 5.487. Segundo explica a AGADIC, entre os criterios de concesión atendeuse a cuestións como a "antigüidade da empresa xestora, a capacidade da sala, a súa pertenza á Rede Galega de Salas, o interese artístico, calidade e relevancia do proxecto de programación, o número total de funcións que se van realizar, o número de días con actividade aberta ao público, a presenza de compañías galegas na carteleira, as actividades complementarias, a capacidade de creación de públicos ou a porcentaxe de subvención solicitada con respecto ao orzamento do proxecto".

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro del Andamio, A Coruña, Vigo...