As primeiras axudas bianuais a salas de artes escénicas manteñen beneficiarias

Sala Ártika, Teatro Ensalle, Teatro del Andamio e Sala Gurugú reparten os 430.000 euros da convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatro
Compartir:
Interior da Sala Ártika. Fonte: Facebook da sala

Interior da Sala Ártika. Fonte: Facebook da sala

O Diario Oficial de Galicia deste 2 de marzo publicaba a resolución das subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada. A convocatoria, que por vez primeira tivo carácter bianual, distribúe 430.000 euros entre os catro espazos beneficiarios, que se repiten de anteriores resolucións.

O orzamento desta xeira duplicou o da convocatoria de 2025 ao se distribuír entre dous anos, e foi para a Sala Ártika, que como máxima beneficiaria obtivo 150.000 euros, o Teatro Ensalle, que levou 149.000, o Teatro del Andamio, que obtivo 76.600 e a Sala Gurugú con 54.300. As posicións do reparto repítense tamén de anteriores resolucións desta axuda.

 

A Xunta apunta que a opción de facer bianuais estas subvencións "se formula para permitir a cobertura continuada durante dous anos de conceptos como a contratación de espectáculos, servizos técnicos e auxiliares asociados, dereitos de autoría, persoal ou  accións de comunicación e publicidade".

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Artes Escénicas, Sala Gurugú, Sala Ártika...