Todos os autores de teatro do paÃs, coas referencias a todas as súas obras ordenadas cronoloxicamente. O Centro de Documentación do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) ultima a edición do Catálogo de Autores Galegos, que recolle todas as obras coñecidas desde 1812, data en que Bieito Fandiño escribiu “A Casamenteira” ata as últimas obras publicadas no paÃs. Mar Nogueira, directora do proxecto fixo o pasado venres un chamamento para que os particulares que poidan facer calquera tipo de achega a este proxecto se poñan en contacto co Centro de Documentación.
Máis información en Galicia Hoxe