Cultura reforzará a actividade cultural no Xacobeo con teatro

Xacobeo teatreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Xacobeo do 2004 vai ser moito máis que un ano de peregrinación a Santiago. O Ano Santo será tamén un ano cultural gracias a dúas vías. Por unha banda a Consellería, que reforzará a programación teatral con máis de mil funcións que chegarán ata 75 localidades galegas, sendo o Centro Dramático Galego o principal motor da oferta. E pola outra, o concello de Santiago, baixo o lema “As noites en Compostela” está a preparar un programa que terá actividades todas as noites do 2004.

Máis información sobre a oferta teatral da Xunta en El Correo Gallego, e sobre as actividades do Concello de Santiago en La Voz de Galicia e no web do IGAEM

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Concello de Santiago, Teatro, El Correo Gallego...