A Xunta prevé atraer a Galicia seis millóns de turistas e unha completa programación cultural co Xacobeo 2004

O Xacobeo ataca de novo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Seis millóns de turistas, ingresos de máis de catro mil millóns de euros e unha programación cultural de primeira liña con máis de tres mil actos... son as previsións que fixo onte sobre o ano Xacobeo 2004 o conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela. Na presentación do programa para este evento, Pérez Varela non adiantou os orzamentos que a Xunta vai dedicar á celebración do Ano Santo, pero apuntou que agarda duplicar os 2000 millóns de achegas privadas do Xacobeo 99 e que o goberno supere tamén os 5000 millóns cos que financiou as actividades daquela. Segundo o conselleiro, a intención final deste programa é “relanzar Galicia”.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Pérez Varela, Ano Xacobeo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia