O programa cultural Galicia nos Sentidos achegará 876 espectáculos a 299 concellos do noso país

Concellos con sentidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, presentou onte o programa Galicia nos Sentidos, que chegará este ano a 299 concellos e que conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros. Até 876 espectáculos de música, danza e teatro repartiranse, segundo o conselleiro, por toda a xeografía galega, coa participación de catrocentas once agrupacións artísticas. Pérez Varela apuntou que a celebración do Xacobeo deu un grande impulso a este programa, que pretende favorecer o turismo interior no noso país.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do programa

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Pérez Varela, Xeografía, Xacobeo, Danza...

Claves

Protagonistas
Entidades