O IGAEM vén de facer balance do 2004. Un ano Xacobeo no que 334.727 espectadores asistiron ás súas funcións. O teatro, con 248.172 persoas, foi o xénero máis demandado das súas actividades, seguido pola música con 38.109 repartidas entre os 139 concertos ofrecidos nas salas que forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Pecha o seu reconto as 48.446 espectadores que se decantaron pola danza. Os proxectos das súas unidades de produción (CDG e o Rei de Viana) foron seguidas por 55.367 persoas. E este aumento de asistentes permanecerá na retina dos dirixentes, que pretenden reforzar os seus programas. O CDG pola súa parte vén de anunciar que este ano programará unha dobra de Shakespeare e outra de Luigi Pirandello, e para o mes de abril producirá co Centro Dramático de Aragón “Mísiles melódicos”.
Máis información no web do IGAEM , sobre os datos do 2004 en La Voz de Galicia e sobre as novidades para o 2005 en Galicia Hoxe