Triplicouse o número de obras traducidas doutros idiomas á literatura galega e viceversa

A tradución incorpórase ás liñas de promoción da literatura como asistencia a feiras ou sitios web

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Das 30 do 2004 ás 89 do 2007. Esta é a diferenza de obras que recibiron axudas á tradución dunha lingua estranxeira ao galego ou viceversa. Así o explicou o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, na Comisión de Cultura do Parlamento sobre as medidas que este departamento desenvolver en canto a tradución editoral. Isto supuxo un incremento do 241% con respecto ao 2004 das partidas destinada a este efecto que tamén incorporaron, por primeira vez, axudas ás probas de tradución. Ademais, Bará apuntou que Cultura desenvolve un ambicioso programa de difusión internacional da literatura galega, coa asistencia a feiras e a creación de webs noutros idiomas.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Literatura, Luís Bará

Claves

Protagonistas