Cultura anuncia novas medidas para apoiar a tradución literaria

A Universidade de Vigo fará un histórico das traducións desde e para o galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Tradu100 é o nome do proxecto que adiantaba onte o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, no V Simposio do Libro e da Lectura. A iniciativa, prevista para un prazo de tres anos, pretende que se traduzan cen clásicos da literatura universal para o galego e cen obras galegas para outras linguas. Na mesma mesa redonda, centrada na proxección exterior do libro, Bará apuntou que a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo elaborará un catálogo no que se podia consultar un histórico con todas as traducións feitas desde e para o galego. O director xeral apuntou estas iniciativas coma un punto de partida para a creación do Instituto Rosalía de Castro para a proxección exterior da nosa cultura. O Simposio continúa hoxe a tratar as posibilidades da lusofonía para a exportación das nosas letras entre outras cuestións.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Universidade de Vigo, Rosalía de Castro, Luís Bará...