
De xeito prioritario, segundo explicou Bará, desenvolverase unha iniciativa estratéxica centrada na Lusofonía. Sudamérica, Europa (especialmente os países atlánticos) e o Estado Español (con especial atención a Euskadi e Cataluña) centrarán as accións neste campo. Entre as propostas máis inmediatas, en 2009 desenvolverase op rograma Focus GZ, que pretende conseguir unha presenza diferenciada das nosas producións e creadores culturais en espazos e festivais internacionais. Entre as vindeiras citas, Bugallo e Bará destacaron a presenza de Galicia coma país convidado no Festival Intercéltico de Lorient, Bretaña e mais no Saló del Còmic de Barcelona.
Complementariedade
Encol das funcións que desenvolverá a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) neste campo, a responsable de Cultura explicou que esta se centrará en accións destinadas ás industrias culturais. Nese sentido lembrou a existencia de liñas de axuda á presenza de firmas e creadores en eventos internacionais e anunciou o desenvolemento de apoios a traballos de investigación de mercado e consultoría. Pola súa banda, a Dirección Xeral de Creación e Difusion Cultural centrarase nas tarefas de proxección exterior da nosa lingua e cultura, con apoios á tradución, difusión de creadores e desenvolvemento de atividades conxuntas con entidades foráneas.