Cultura incrementa un 60 por cento os orzamentos destinados á tradución

Máis tradución ca nunca

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Se o ano pasado Cultura destinou 204.000 euros a axudas á tradución, esta cantidade incrementarase nun 60% para o vindeiro exercicio. Segundo anunciaba a Consellaría esta fin de semana, o incremento na demanda destas axudas motivou a mellora orzamentaria. En 2007 presentáronse a estas convocatorias 67 proxectos de tradución ao galego e outros 50 para levar obras a outras linguas. Ao tempo, o departamento anunciou unha homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro con ocasión do Día da Tradución.

Máis información no web da Consellaría de Cultura; máis sobre tradución nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Culturagalega

Claves

Entidades
Conceptos