A Consellaría de Cultura anuncia obras na muralla de Monforte

De murallas e libros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Aínda onte dábase a coñecer a aparición dunha nova porta na muralla de Monforte e se denunciaba o seu abandono. Un día despois, a Consellaría de Cultura anuncia que vai aprobar esta mesma semana un convenio para consolidar os tramos deste monumento que corren perigo. Ao tempo, a Dirección Xeral de Patrimonio anunciou que desenvolverá un estudo xeral sobre esta construción. Por outra banda, a Consellaría e mais o Ministerio de Cultura asinaban onte un acordo polo que achegarán 1,2 millóns de euros á actualización dos fondos das bibliotecas galegas.

Máis información en Galicia Hoxe, no web da Xunta e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Galicia Hoxe, Dirección Xeral de Patrimonio, Culturagalega...