Os traballos de roza que hai uns meses se estiveron a realizar na muralla medieval de Monforte permitiron descubrir os restos do que semella ser unha cuarta porta no recinto. O Grupo Xeracional, colectivo que hai xa anos investiga o monumento, foi o que apuntou a existencia deste espazo, que chamou Porta da Corna. O encargado de Rehabilitación no Concello, Jorge Vila Alonso, salientou que non considera moi probable que se trate realmente dunha nova porta, pero recoñeceu que a falta de estudos sobre o monumento abre esta posibilidade.
Máis información en Galicia Hoxe