Agás no número de documentos por habitante e nas adquisicións de novos documentos por cada 1.000 habitantes, os indicadores estatÃsticos relativos á situación das bibliotecas públicas de Galicia en 2020 estaban todos por debaixo da media estatal. Esa é a valoración que se fai desde BAMAD, a Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia respecto aos datos máis recentes comunicados polo Ministerio de Cultura. BAMAD indica, que grazas aos cambios na recollida de información que o Ministerio de Cultura solicita para os datos estatÃsticos, puideron coñecer con máis detalle a situación das bibliotecas nos concellos, polo cal indican que en Galicia hai 91 concellos que non dispoñen de biblioteca pública. BAMAD chama a atención sobre o caso de varios concellos que segundo eles incumpren a lei desde hai anos ao superar os 5.000 habitantes e ter a obrigatoriedade de ter que dar este servizo esencial como recolle a Lei de Bases de Réxime Local. Os concellos que sinalan son os de Oza-Cesuras e Valdoviño (na provincia da Coruña) e Tomiño (na de Pontevedra). En xeral Galicia conta con 235 bibliotecas públicas (6 menos que en 2019) que prestan os seus servizos en 312 puntos de atención bibliotecaria (17 menos que en 2019).
Puntos positivos
No lado positivo da súa análise, a asociación coloca os orzamentos dedicados ás axudas á adquisición de fondos bibliográficos que ten en marcha a administración autonómica: a subvención para a mellora das coleccións, a subvención para adquisición de novidades en lingua galega e o incremento de fondos en formato dixital, especialmente relevante para facer fronte á gran demanda de préstamo de obras en formato dixital debido aos perÃodos de confinamento e de peche de servizos públicos. A pesares destas axudas do goberno autonómico desde BAMAD botan a faltar achegas orzamentarias desde os propios concellos e as deputacións no mesmo sentido. Como moi positivo e agardado sitúan o feito de que a Xunta abrise o concurso para servizos bibliotecarios móbiles, anunciado en xullo polo presidente Rueda, que se porá en marcha en 2023 e que permitirá cambiar os datos correspondentes aos concellos sen bibliotecas. Atenderá 20 concellos, 10 na provincia de Lugo e un número similar na de Ourense. Desde a asociacións constatan que a incorporación de bibliotecas ao Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas acada practicamente a totalidade das Bibliotecas Públicas, o que permite coñecer o dato do conxunto da poboación inscrita nas bibliotecas, situándose ao redor do 30% da poboación ( a media do estado é do 35,30 %).
Perda continua de persoal bibliotecario
"Novamente debemos facer fincapé na necesidade de mellorar as partidas orzamentarias, e no necesario control das polÃticas e accións levadas a cabo polos concellos, nos que seguimos atopando casuÃsticas habituais de contratación de persoal non especializado, compartindo prazas con outros servizos municipais, recorrendo a persoal doutros servizos para cubrir os postos, persoal sen os coñecementos necesarios para levar a cabo unha boa xestión da información e documentación", sinalan desde BAMAD. A asociación fai fincapé neste punto sobre as diferentes formas de xestionar os servizos bibliotecarios que teñen os concellos, sen controis ou esixencias por parte do goberno galego e mesmo con contratacións precarias. "Non é suficiente con investir en boas coleccións, boas infraestruturas, boas ferramentas de traballo, se non contamos con persoal debidamente cualificado que lles dea sentido", insisten na súa análise na que sinalan a perda continua de persoal bibliotecario que desde o ano 2016 descendeu en 39 persoas. "Mentres no estado, o persoal atendido por bibliotecarios vai diminuÃndo progresivamente, en Galicia o número de persoas atendida vaise incrementado debido á falta de persoal", aseguran desde BAMAD. Segundo os datos en Galicia contamos con un bibliotecario por cada 4.944 habitantes, mentres que no Estado teñen 1 por cada 4.376 habitantes.