De 591 de 2006 a 486 en 2016. O número de bibliotecas existentes en Galicia baixou en máis de cen centros durante unha década, segundo sinalan os datos que fixo públicos recentemente o Ministerio de Cultura no informe Bibliotecas públicas españolas en cifras 2016. Deste xeito, o noso paÃs encabeza a perda de espazos de lectura por comunidades no perÃodo estudado, cun especial descenso entre os centros que xestionan os concellos. Malia a perda, Galicia sitúase como a sétima comunidade con máis bibliotecas, con 17,9 por cada cien mil habitantes. O acceso á rede preséntase como unha das cuestións pendentes para os centros de lectura galegos, que fican no antepenúltimo lugar no Estado á hora de achegar conectividade aos seus usuarios.
A coincidir coa publicación destes datos, a ConsellarÃa de Cultura anunciou a celebración, o vindeiro 26 de outubro da I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia. Baixo o lema As bibliotecas públicas do futuro: as bibliotecas en proceso de cambio a Cidade da Cultura acollerá un encontro que se centrará na problemática da dixitalización destes centros e nos seus retos de cara ao futuro como "como espazos abertos á comunidade, acolledores e sociais". A nova iniciativa pretende "crear un espazo de encontro entre os profesionais que desenvolven o seu traballo diario nas bibliotecas públicas de Galicia". De xeito paralelo, a Xunta anunciou a convocatoria do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia. Dotado con 3.000 euros, este galardón quere "recoñecer o labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais de Galicia que leven a cabo proxectos e boas prácticas innovadores, de utilidade para as persoas usuarias, sostibles no tempo e achegados ao contexto local no que se insiren."