Galicia perdeu oito bibliotecas entre 2012 e 2014

O Instituto Nacional de Estatítica publicou onte os seus datos sobre centros de lectura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

No final de 2014 contabilizábanse no noso país 497 bibliotecas, oito menos que dous anos antes. Cando menos, así o sinalan os datos que facía públicos onte o Instituto Nacional de Estatística e que corresponden ao último bienio. Ademais, ainda que 1.023.183 persoas do noso país (o 37,8% da poboación) están inscritas como usuarias destes centros de lectura, o número descendeu tamén en 6.673 persoas. A porcentaxe de usuarios do noso país sitúase na actualidade dez puntos por baixo da media estatal, aínda que o número de habitantes por cada punto de servizo (4.113) é inferior ao habitual no conxunto de estado, onde hai un destes puntos a dar servizo por 5.321 persoas.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Instituto Nacional de Estatística, Medios de comunicación