Galicia está á cabeza de España na ratio de librarías por habitantes

O noso país conta con 14,4 librarías por cada 100.000 persoas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreros daba a coñecer onte datos do seu Observatorio da Librería 2014. Segundo os mesmos, continúa un descenso no número destes establecementos a nivel estatal, xa que en doce meses fecharon 912, un 94,45% máis do que en 2013. Ao tempo, tamén baixou a venda de libros, aínda que a tendencia se suavizase a respecto do ano pasado. A nivel galego, o noso país sitúase á cabeza na ratio de librarías por habitante. Así os datos de CEGAL apuntan unha cifra de 14,4 librarías por cada 100.000 persoas en Galicia.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións

Claves

Conceptos