Galicia está nos postos de cabeza do Estado por número de librarías na comunidade

Moita libraría

31/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
25 lecturas | Compartido 0 veces
Un informe da Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros –Cegal- coloca a Galicia como segunda comunidade autónoma en número de librarías por habitante. O informe do Cegal establece que Galicia ten 138, 3 librarías por cada millón de habitantes, cifra só superada pola comunidade autónoma de Madrid con 153, 9, mentres que as dúas superan amplamente a media nacional que é de 97 librarías por cada millón. En termos absolutos Galicia é a cuarta comunidade en número de librarías, xa que conta con 327 comercios, o 8,93 por cento do total estatal. Os libreiros galegos relacionan esta situación coa dispersión do habitat e con deficiencias das infraestruturas bibliotecarias.

Máis información en Galicia Hoxe


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Madrid, Medios de comunicación

Claves

Entidades
Lugares