As bibliotecas galegas son as cuartas menos visitadas do Estado

O Instatuto Nacional de Estatística cifra en 3,70 as visitas por habitante en 2010

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As 552 bibliotecas galegas recibiron unicamente 3,72 visitas por cada habitante ao longo de 2010. Estes son os datos que reflicte o Instituto Nacional de Estatística (INE) na súa Estatística de bibliotecas que publicou esta mesma mañá. A cifra sitúa a Galicia como a cuarta comunidade na que se dan menos visitas por cabeza a estes centros. Ocupamos o mesmo posto en canto a préstamo de libros, con 1,13 por habitante. Desde o anterior estudio, en 2008, o número de bibliotecas en Galicia diminuiu de 550 a 522, o que deixa nun punto de servizo por cada 3.938 habitantes a dispoñibilidade.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Instituto Nacional de Estatística, INE