As bibliotecas galegas fan menos préstamos pero teñen máis visitas

O Observatorio da Cultura Galega revisa a situación destes espazos nun novo Documento de Traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
As bibliotecas galegas fan menos préstamos pero teñen máis visitas

As 476 bibliotecas que existen en Galicia recibiron ao longo de 2018 nove millóns de visitas e fixeron 3.151.167 préstamos. Así o revela o Documento de Traballo que fixo público este 30 de abril o Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega. A recoller datos do Ministerio de Cultura e da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, esta análise revela un incremento do número de visitas a estes centros á vez que unha mingua dos préstamos de material, que en 2012 foran 3.757.359. Por persoas usuarias, o noso país ocupa o décimo terceiro lugar a nivel estatal, cunha suma de 994.195, mentres que por número de establecemento, Galicia acada o oitavo posto, co 7,4% do total de bibliotecas do Estado.

O estudo apunta tamén que o 58,4% do total de bibliotecas galegas son públicas, seguidas polas especializadas, que constitúen o 34%. Os Concellos aparecen como os grandes sustentadores destes espazos culturais, ao asumir a titularidade dun 57% das mesmas. O documento lembra tamén que entre 2010 e 2018 o noso país perdeu 46 bibliotecas, nunha tendencia acorde á media estatal.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Observatorio da Cultura Galega, Consello da Cultura Galega, Ministerio de Cultura...