Medra considerablemente o número de visitas virtuais ás bibliotecas, concretamente a consulta aos catálogos e aos fondos dixitalizados. Asà se desprende do último Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega. Baixo o tÃtulo EstatÃstica de bibliotecas, este estudo facilita información sobre o equipamento material e humano das bibliotecas galegas e incide na idea de que o mundo dixital abre novas perspectivas. Con todo, tamén deixa cifras negativas ao debuxar unha actividade marcada polo descenso leve de usuarios, de bibliotecas e de préstamos.
Visitar unha biblioteca xa non ten por que ser exclusivamente dun xeito presencial. No ano 2002 facÃanse desde un dispositivo electrónico 2,4 millóns de consultas, mentres que en 2014 as cifras se multiplicaron case por dez. Nese ano rexistráronse 19 758 724 de visitas ás bibliotecas galegas, o que nos sitúa en terceiro lugar no conxunto de España. Os servizos que máis se empregan no transcurso desas visitas son a consulta dos catálogos e, desde 2012, coa dixitalización dos fondos, a posibilidade de acceder a eles a través da rede. Con respecto á dotación, o 85,3% das bibliotecas galegas contan con acceso gratuÃto a Internet e un 69% ofrécenlles wifi aos e ás usuarias.
Outro aspecto positivo que constata este estudo relacionado coa tecnoloxÃa é o incremento dos préstamos domiciliarios no caso dos libros electrónicos, que pasan dos 325 de 2010 aos 6864 de 2014; e no dos xogos electrónicos, que pasan de 1584 a 3077. E, con respecto aos fondos, dos máis de dez millóns de libros e 1,2 millóns de publicacións periódicas rexistradas, constátase o incremento da oferta do formato electrónico cara os usuarios e usuarias. Baixan as altas de todas as clases de fondos, a excepción dos libros electrónicos, que experimentan un incremento dun 246% nos últimos catro anos estudados. En 2014 déronse de alta 45 860 libros electrónicos, fronte aos 8 872 de 2012.